MENDEZ, MARA
O noivo da súa irmá é un vampiro!
Ester teno claro e non pensa quedar cos brazos cruzados.
Xunto á súa cuadrilla e o seu inseparable gato, Millo, emprende unha misión ultra secreta.
Cos petos cheos de allos e auga bendita, este grupo de ?expertos? tratará de destapar a verdade.
Acompaña a Ester e Millo nesta divertida e entolecida aventura.
Logrará pararlle os pés antes de que merende a toda a familia?